Turismo Ribeira Galego app icon

Turismo Ribeira Galego

VEINTISIE7E MULTIMEDIA, S.L.

★ 0.00 ratingsTravelFree

iPhone Screenshots

App screenshotApp screenshotApp screenshotApp screenshotApp screenshotApp screenshot

Description

Turismo Ribeira nace coa idea de facilitarche as mellores vacacións da túa vida na preciosa localidade galega. A App sérvelle tanto aos visitantes como aos propios veciños para ter nas súas mans a posibilidade de organizar itinerarios de lugares que visitar, cargándoos na sección favoritos, así como, ter a guía definitiva da hostalería ribeirense. Con esta App nas túas mans, poderás acceder e ter información de maneira fácil, de todos os lugares máis incribles: miradoiros, praias, parques, espazos naturais únicos... así como museos, arqueoloxía, patrimonio, etnografía, cultura mariñeira e todo o que necesitas para coñecer Ribeira tanto no ámbito natural como no cultural. Como non, tamén poderás decatarche e saber os eventos deportivos, culturais, festivos e turísticos que che ofrece a localidade. Moi importante a accesibilidade, que a temos moi en conta para que selecciones os lugares que visitar segundo as túas condicións físicas ou as dos teus acompañantes. Goza de Turismo Ribeira como o que é, a mellor acompañante para indicarche todo o bo que é coñecer este impresionante concello.